![xurxo souto visita a biblioteca de muxia]()
Será o vindeiro sábado, 2 de abril, ás 19:30 horas cando
Xurxo Souto, un mítico dos Diplomáticos de Monte Alto, visite a biblioteca de Muxía para falar de "Oceáno para terrícolas". A charla, que está dirixida ao público adulto, comeza ás 19:30 horas.
A actuación entra dentro do circuito Ler Conta Moito, subvencionado pola Xunta para as bibliotecas que pertecen á Rede de Bibliotecas de Galicia.
O acto comezará da seguinte forma: "Galicia é unha pedra no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba de Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Capetón, na fin de África; e de Antuerpe, Amberes, no galego do mar. Cómpre mollarse nas palabras e cómpre principiar polo Gran Sol. Caladoiros tan próximos -A Ferradura, Mar do Candil -que tamén teñen nome na nosa lingua ."
Hai poucos meses, Xurxo Souto xa visitou a Costa da Morte para presentar a
I Foliada Solidaria organizada polos estudantes de “Artes escénicas e Xestión Cultural” do IES Maximino Romero de Lema de Baio.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Biblioteca de Muxía