Domingo. 03.11.2024
El tiempo

A Laracha acolle o próximo xoves un faladoiro sobre a xestión conxunta do territorio

faladoiro-xestion-conxunta-territorio-gdr-costadamorte
A Laracha acolle o próximo xoves un faladoiro sobre a xestión conxunta do territorio

No marco do proxecto de cooperación Paisaxes Intelixentes que organizan cinco GDRs galegos, entre eles o da Costa da Morte, o Concello da Laracha acollerá o xoves da próxima semana, día 14 de setembro, o Faladoiro sobre xestión conxunta do territorio.

O evento vaise celebrar a partir das 19:00 horas no centro sociocultural de Santa Margarida (antigo hospital dos peregrinos de Montemaior).

No faladoiro abordaranse tres temas de interese. En primeiro lugar Alfredo Fernández Ríos, subdirector de mobilidade de terras en AGADER, fará un percorrido polos contidos da Lei de Recuperación de Terras Agrarias. A continuación a enxeñeira técnica forestal María Escudeiro Rossignoli falará da asociación Ribeira de Sucastro de Paradela, considerada como un exemplo de agrupación de xestión conxunta do territorio. Por último, tratarase a Aldea Modelo de Ferreirós con Javier Antelo, o concelleiro de Medio Ambiente de Ames.

A asistencia ao faladoiro é gratuíta, pero require dunha inscrición previa. Aquelas persoas que desexen acudir deben enviar un correo electrónico cos seus datos a [email protected] ou chamar aos teléfonos
981717358 ou 678648065.

Este é un dos tres faladoiros incluídos dentro do programa de Cooperación "Paisaxes Intelixentes" e que están organizados polo GDR Costa da Morte. O ciclo comezou onte cun faladoiro sobre "A xestión forestal sostible" que tivo lugar no Centro Sociocultural de Baio. 

Comentarios