Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Museo Man de Camelle acolle este sábado unha charla sobre os valores naturais e ambientais da Costa da Morte

mar-de-fabula-
A charla estará impartida polo biólogo Álvaro Barros
O Museo Man de Camelle acolle este sábado unha charla sobre os valores naturais e ambientais da Costa da Morte

O Museo Man de Camenlle acolle este sábado, 24 de setembro, ás 12:00 horas unha charla aberta a toda a veciñanza na que se abordarán os valores naturais e ambientais da Costa da Morte. Álvaro Barros López, doutor en bioloxía e experto en aves mariñas, será o encargado da disertación que leva por título "Entre furnas e illas. Aves de Especial interese de conservación na Costa da Morte".

Esta é unha actividade incluída no proxecto Arte do Mar, promovido por Mar de Fábula ao Galp Costa da Morte. Manuel Valeriano Alonso de León, ex alcalde de Camariñas e socio de Mar de Fábula, será o encargado de facer a presentación da conferencia.

O acto está aberto a todas as persoas interesadas e o acceso é de balde. 

Comentarios