Mércores. 22.05.2024
El tiempo

Corcubión ten unha nova cita coa vela no Trofeo do Ferroatlántica

Corcubión ten unha nova cita coa vela no Trofeo do Ferroatlántica

O deporte náutico cobrará gran importancia na Costa da Morte este fin de semana coa celebración do "Trofeo Ferroatlántica", organizado polo Club Marítimo Carrumeiro. Na regata, que está dirixida a embarcacións clase optimist, está previsto que participen ao redor de 130 barcos procedentes de clubs de toda a costa galega.

A xornada náutica comezará o sábado, día 14, ás 10 da mañá co rexistro de participantes. Ás dúas da tarde darase o pistoletazo de saída ás embarcacións e intentarase realizar unha regata de seis mangas na ría corcubionesa.

A competición, con formato de flota, conta co respaldo da empresa Ferroatlántica, habitual colaboradora de Carrumeiro e da Escola de Vela Cataventos.

Esta cita deportiva concluirá o domingo coa regata que se disputará a partir das 10:30 e da que sairán os gañadores do "Trofeo Ferroatlántica?". Pola tarde levará a cabo a entrega de premios aos primeiros clasificados da xeneral.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios