Venres. 29.03.2024
El tiempo

140 deportistas disfrutaron dunha fermosa e salvaxe BTT de Esteiro

Os Salta Rejos na BTT de Esteiro
140 deportistas disfrutaron dunha fermosa e salvaxe BTT de Esteiro

Dúas fins de semana consecutivas levan os amantes da bici de montaña disfrutando. A pasada fin de semana tocaba Dumbría, unha proba organizada polo Concello que xa é proba afianzada no circuito provincial.

Imaxe dos Salta Rejos en Dumbria

Esta pasada tiña lugar a BTT de Esteiro, organizada polo club Salta Rejos. O tempo deu tregua e escampou para permitir que cos camiños ficasen en perfecto estado para disfrutar da bici e do monte en sintonía.

Máis de 140 corredores participaron nas dúas rutas, unha curta de 30 e outra de 40, desde dúas a catro horas na de montaña, probando a dureza e as baixadas dos e disfrutando da natureza extrema dos montes de Esteiro, Tal, Abelleira e Outes.

Foi unha xornada deportiva sen incidencias con numerosos servizos ofertados pola organización e detalles de ruta moi centrada no benestar do corredor. Proba diso foron os fisios, a abundancia de comida e bebida, auga quente, aparcamentos e mangueiras para o lavado.

Os gañadores da proba longa foron Jesús Carballeiro, co Cidade de Santiago, por diante de Carlos Gómez e do deportista do Triatlón Costa da Morte José Carlos Trillo (outros compañeiros triunfaban ao mesmo tempo no Campionato galego de Duatlón), Daniel Canosa. Na curta, venceu Tony Tomé, por diante de David López e Manuel Magariños.

A nivel local Blanco foi o mellor esteirán na curta e Manolo D'Chelo na longa.

Mención especial para as 3 mulleres participantes na carreira: Paulina Andrea Mosquera, Isabel Sendón e Susana Arosa.

Novas relacionadas

Comentarios