Mércores. 01.05.2024
El tiempo

3 atletas do Olimpia triunfan en Ourense

Expedicion do Olimpia nos Campionatos Galegos de Atletismo de Pereiro
Expedición do Olimpia nos Campionatos Galegos de Atletismo de Pereiro
3 atletas do Olimpia triunfan en Ourense

Este domingo 25 celebrouse nas pistas de atletismo de Pereiro de Aguiar en Ourense o Campionato Galego de Atletismo sub 10 e sub 12, onde o Club de Atletismo Asociación Deportiva Olimpia participou con 3 dos seus atletas que acadaran esa meritoria clasificación para estes campionatos. Conseguiron, ademais da experiencia, uns fantásticos resultados:

  • Antón Trillo Trillo finalizaba no posto 12 en lanzamento de peso cun mellor lanzamento de 5.63.
  • Eire Areas Caamaño participou por partida dobre, en altura onde rematou no posto 15 cun salto de 0.82 e no posto 11 en 500 metros lisos cun tempo de 1'57’’.
  • Martín Riveiro Estévez proclamouse campión galego de salto de altura superando 1 m 23 cm de altura.

Hai canteira para continuar o camiño marcado polos Elian Numa e Xiana Lago.

Novas relacionadas

Comentarios