Elian Numa e Xiana Andrade volven triunfar nos Campionatos Galegos
12:58 19/06/23
Volveron demostrar que Cee está na pomada do atletismo galego. Elian Numa e Xiana Andrade volveron brillar nos Campionatos Galegos Absoluto que se celebraron este domingo nas pistas Universitarias de Santiago.
O internacional Elian Numa, nun excelente estado de forma, apuntábase un novo título autonómico con 1:51.26 polos 1:51.68 de Pedro Osorio do At. Santiago.
Ademais, Xiana Andrade, conseguiu subir ao podio como segunda no Campionato Galego Absoluto e en peso e disco. Belén Toimil está aínda por diante da ceense, e lanzou 17.15 m. polos 13.02 m. da nosa atleta.
NOVAS RELACIONADAS
- Marzo 23: Xiana Lago, subcampiona de España de lanzamento de peso.
- Xaneiro 23: Elian Numa e Xiana Lago volven triunfar nos Campionatos Galegos de Pista.
- Xullo 22: O ceense Elian Numa volve alcanzar a prata nos Campionatos de España sub23.
- Xullo 22: Xiana Lago gaña a medalla de prata nos Campionatos de España sub-20 e vai convocada coa Selección
- Marzo 22: Xiana Lago proclámase campiona de España sub20.
- 21-02-2022: Outro título Galego para a atleta ceense Xiana Lago.
- Xullo 21: Xiana Lago segue medrando conseguindo a medalla de ouro nos Campion.
- 18-07-21: Xiana Lago, Campiona Galega Absoluta de disco e subcampiona en peso con 17 anos.
- 17-07-21: Elian Numa quedaba Campión Galego Absoluto en 800 metros.
- Xuño 21: Xiana Lago bate o seu propio récord de lanzamento de peso sub18.
- Marzo 20: Xiana Lago, subcampiona de España sub18 de peso; e Elian Numa campeón galego absoluto de 1500.
- Marzo 2020: Xiana Andrade marca un novo récord galego en peso.
- 11-02-2020: Xiana Lago xa ten a mínima para o Campionato de España en pista cuberta.