Luns. 07.10.2024
El tiempo

3 costeiros en Canfranc 100 km máis longos do mundo

Quito Ponteceso a dereita na Canfranc
José Manuel Santos (centro) e Quito (dereita), cun ourensán, no Canfranc
3 costeiros en Canfranc 100 km máis longos do mundo

Espectacular o potencial da Costa da Morte en materia ultratrail. Despois de ver a Maite Rojo no tremendo desafío do Ultratrail Camiño dos Faros, esta fin de semana tivemos 3 atletas da Costa da Morte participando na proba de Canfranc 2023, os coñecidos como os 100 km máis longos do mundo”.

Mapa canfranc 2023
Perfil da Canfranc...

“Efectivamente son largos de carallo”, contábanos hoxe, en plena recuperación, Francisco González Varela, coñecido por todos como “Quito Ponteceso”, un dos 3 costeiros, xunto co carballés Sergio Pensado Tasende, e o laxense José Manuel Santos, que participaron na proba. Se ben Santos, que chegaba algo tocado e con catarreira, non puido rematar, o carballés e o pontecesán estiveron entre 32 que conseguiron completar o desafío, sendo 156 os inscritos.

Os dous bergantiñáns acabaron moi arriba na táboa. O carballés Pensado foi 7º, nada menos, empregando 22 horas 35 minutos, mentres que o pontecesán, que acabou 12º, tivo que empregar 25 horas e 48 minutos en realizar un camiño que contou con 8.848 metros de desnivel para arriba e para abaixo…

Quito entre Formigal e Candanchú
Quito nalgún punto entre Formigal e Candanchú

”Estou vivo. Jodido pero vivo”, contábanos Quito xa esta mañá de luns mentres se recupera da fazaña. “Xa sabía ao que ía. Pero púxose máis complicado coas condicións climáticas que houbo, con moitísimo calor na primeira noite e polo día e despois a tormenta para rematar a carreira, que puxo o final tremendamente complicado…” explica. “incluso subindo os últimos 400 metros de ascensión antes de subir ao Canfranc, ían cun rapaz de Murcia, e menos mal que íamos xuntos, porque nos fumos axudando e baixando o ritmo”. “Polo camiño ía pensando na ducha fría que me ía pegar e ao final tiven que darme unha ducha ben quente…”

Quito valora que ”foi o meirande desafío que teño feito, xunto con aquel raid que se fixera en Galicia fai anos, que pasara pola Costa da Morte, pero daquela foron 5 días… Este o obxectivo en 24 horas, pero xa na primeira base, no km.50, co calor que había, e coa distancia entre avituallamentos ía ser complicado…”

NOVAS semellantes

Comentarios