7 medallas no Campionato de España de Kickboxing para a familia Dáfit

Esta pasada fin de semana unha delegación do Club Dáfit participou no Campionato de España de Kickboxing, en Guadalajara. E a familia costeira, segue demostrando o seu potencial internacional. Xa en febreiro triunfaba nos campións galegos e como campións galegos, 4 deportistas adestrados por Dani Lema e Manu París, competiron nos campionatos estatais acadando nada menos que 7 medallas.
Alis Mouzo Meizoso (Corcubión) acadou dúas medallas: foi plata en Veterano +65 en Light Contac e plata en Kicklight.
Yasira Castro Suárez (Corcubión), outras dúas: plata Senior en lightcontac +70 e bronce en kicklight +70.
Sergio Martínez Pose (Corcubión) conseguiu unha plata veterano -94kg en Kicklight.
E finalmente Patricia Túñez Lema (Cee) sumou dous bronces, en senior en lightcontac -60 e outro en kicklight.
O club xa pensa en xullo quedan os campionatos de España de base, Infantil, Cadete e Junior.