Luns. 14.10.2024
El tiempo

A Abellariza fai participar a Costa da Morte na carreira solidaria máis grande do mundo

Carreira 6k Abellariza
A Abellariza fai participar a Costa da Morte na carreira solidaria máis grande do mundo

O vindeiro domingo 22 de maio ás 11:30 h., milleiros de persoas de todo o mundo unirán os seus esforzos e solidariedade participando na carreira máis grande do mundo polo acceso a auga limpa: a 'Global 6K For Water’. Cidades de máis de 20 paísese de todo o mundo participan neste evento que ten pon o foco na distancia media que moitos nenos e nenas teñen que percorrer cada día para ir a por auga limpa en moitas partes do mundo.

A entidade pontecesá A.D. Abellariza quere recuperar o éxito de participación de 2019. E convoca un percorrido de 6 km para a carreira e outro máis curto para unha andaina na que poderán participar desde nenos a maiores, e quizais algún carrito de bebé como na anterior ocasión.
Tanto a carreira como a andaina levaranse a cabo en Anllóns e pasarán pola preciosa zona do Campo do Río, zona consentida especialmente pola asociación que leva o mesmo nome, que ademais colabora activamente coa proba. Haberá un amplo aparcamiento habilitado para a ocasión.

A data límite de inscrición o domingo 15 en www.global6kforwater.es/.

Novas relacionadas

Comentarios