Case 200 persoas participaron na solidaria Carreira do Roncudo
Fantástico éxito tivo a II popular “Faro Roncudo. Corre por Ucraína”, con 183 persoas correndo por Corme por unha boa causa. Abellariza pensou na situación en Ucraína para que este día de deporte teña un sentido solidario
Na carreira absoluta masculino o vencedor do circuito de 6,2 km entre a Ribeira e o Faro, foi Adrián Rojo Luaces. Na segunda praza situouse Carlos Añón Cean e na terceira Marcial Anibal Barca.
Na categoría absoluta feminina a vencedora foi Inés Papin Estévez en segunda posición: Apolonía Bermúdez Canosa e en terceria posición Natalia Rivas Suárez.
Os participantes de maior idade locales foron Jesús Ferreiro García e Celia Gómez Carabel. Jesús Ferreiro García tamén foi o de maior idade da categoría absoluta.
Posteriormente levouse a cabo a competición da categoría sub18 e sub17, sub14 e sub12. A xornada rematou cos participantes máis pequenos, inscritos na sub10 que correron cincocentos metros, mentres que os nenos e nenas de 8 anos completaron unha distancia de 200 metros.