Baio prepara o seu Duatlón das Letras na honra de Labarta Pose

11:53 22/03/19
Cultura e deporte sempre maridan ben en Baio, onde non dubidan en completar as sesións atléticas con algún detalle teatreiro. Unha demostración é a xa mítica San Silvestre. Outra será este vindeiro 17 de maio, cando todo Baio homenaxee, en clave de natureza, a Labarta Pose.
A proba principal será o Duatlón das Letras, de 30 km (6,5 de carreira, 20 de bici e outros 4 de carreira).
Pero ademais haberá carreira infantil e Andaina das Letras, con saída e xantar dende a carballeira baiesa.
A inscrición ata o 14 de maio en Galitiming.