Martes. 19.11.2019
El tiempo

O Balonmán Xallas déixase en Pontevedra boa parte das súas opcións de título

A peor nova da xornada tivo lugar en Poio. Dura derrota a sufrida polo Balonmán Xallas no enfrontamento polo liderato da categoría desputado este sábado na provincia de Pontevedra. Quedan agora os xalleiros a 3 puntos do E.D. Poido.

O Bm. Xallas non puido adicarlle a vitoria á súa afección, que se desprazou en masa a Pontevedra
O Bm. Xallas non puido adicarlle a vitoria á súa afección, que se desprazou en masa a Pontevedra
O Balonmán Xallas déixase en Pontevedra boa parte das súas opcións de título

Gran partido realizado polo Balonmán Camariñas ante un líder que saíu excesivamente confiado e tivo que sufrir ata o final para doblegar ao cadro conserveiro. “A pesar de seguir abaixo na táboa creo que estamos realizando un gran xogo polo que pouco se lles pode reprochar aos nosos”, sinala un esperanzado Moncho Canosa que confía en manter a categoría. Agora mesmo ocupa a 2ª praza de descenso, con Luceros un punto por arriba, o Rasoeiro a dous, e o OAR Coruña a 3.

Por arriba, o Calvo non tivo problema ante o Sedona e continúa firme en posición de promoción de ascenso.

1ª Estatal Masculina, xornada 21

  • Resultado: Bm. Lavadores - Balonmán Camariñas (29-24)

Sen presión e con gañas de facelo ben, e como sempre con varias baixas (os 2 extremos esquerdos), metía moito presión o cadro conservero a todo un líder da categoría. Mesmo consegiu ir con ventaxas de 1-2 goles nos primeiros 20min e chegar ao descanso 2 abaixo (11-9) a través dunha gran defensa cun espectacular Cristian na portería (60%) e cunha boa lectura ofensiva.

Na segunda metade esperábase un arreón local pero era incapaz ante o orde defensivo e as rápidas transicións visitantes. Chegábase así ao 21-21 a falta de 10 minutos, onde Lavadores sacou a súa maior veteranía xunto con 2 lanzamentos aos postes para acadar unha ventaxa de 3 goles (25-22). Tentouse ata o final cunha defensa individual pero non foi posible.

1ª Estatal Masculina, xornada 21

  • Resultado: Calvo Xiria - Magope Seis Do Nadal Coia (36-22)
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (7), Cuco (2), Julián López (1), Brais Puñal (3), Fran Rey, Pablo Iglesias (5), Juanka (1), Manuel Méndez (3), Jorge Bouzas (5), Alejando Calvete (2), Chimpo (7), Iván Amarelle.

 

2ª Autonómica Masculina, xornada 21

  • Resultado: ED. Poio - Balonmán Xallas (24-16).

Viaxaban os xalleiros con máis de 100 persoas para arroupalos nun encontro que presumía ser épico, e coa baixa de última hora de Iván Campos por motivos personáis, que se sumaba á xa confirmada de Daniel Trigo. Notouse a falta de costume a partidos de tal magnitude, pois os visitantes non estiveron centrados en ningún momento do partido e pronto se verían sobrepasados en todos os sentidos.

A defensa 6:0 plantexada polo ED.Poio convertíase nun muro infranqueable para os de Santa Comba, que si ben é certo que deixaban o seu rival en tan só 11 goles o descanso, só conseguiron batir a súa portería en 6 ocasións. Dous contraataques e un 7m errados en apenas 2 minutos polos xalleiros priváronos de irse ao descanso cun marcador máis axustado. Na segunda parte a tónica foi a mesma, donde os visitantes chegaron a estar 10 goles por debaixo no electrónico. O cambio de defensa á desesperada, buscando máis roubos de balón conseguíu recortar distancias, máis esta era tal que se converteu en algo insalvable.

Merecida vitoria do ED.Poio que deixa ao Balonmán Xallas na segunda plaza con 3 puntos de desvantaxe e a golaveraxe perdida. En todo caso, pinta ben porque ascenden directamente os dous primeiros, e o terceiro xoga promoción co 3º da 1ª.

A seguinte semana os xalleiros reciben ao Lucus en Santa Comba nun partido no que tocará recuperarse e dalo todo para manterse nos altos postos.

Todas as novas do balonmán costeiro

Máis información

Comentarios