Venres. 19.04.2024
El tiempo

Basket: O COOK Terra Chá devolve a man ao ACB

acb costa da mote 2
Basket: O COOK Terra Chá devolve a man ao ACB

Vencía a semana pasada o ACB Costa da Morte - ES Bazarra na casa ao COOK Terra Chá. Este sábado, o cadro da mariña devolvía a man ao euipo costeiro, que non estivo para nada acertado no ataque, cometendo moitos erros en canastras fáciles baixo aro. Os fallos nos tiros libres decantaron o resultado final.

2ª División Senior Feminina - Grupo norte-único, 10ª xornada

  • Resultado: COOK Terra Chá - E.S.BAZARRA COSTA DA MORTE (37-34).
  • Parciais: 8-6; 5-13; 8-5; 16-10 / Acumulado: 8- 6; 13-19; 21-24; 37-34.
  • E.S.BAZARRA COSTA DA MORTE: Sandra, 9 ptos; Yaiza, 9 ptos; María Castro, 5 ptos (1 tripla); Iria, 2 ptos; Fani, 5 ptos - quinteto inicial- Ana, 4 ptos; María Mas, 0 ptos.

No primeiro cuarto o equipo do E.S Bazarra, non conseguiu a súa primeira canastra ata o minuto 6, tendo un marcador en contra nese momento de 7 puntos, conseguindo maquillalo resultado a finalización deste primeiro cuarto.
No segundo cuarto, parecía que o equipo da Costa da Morte xa comezaba a marcalo ritmo do partido, a pesar dos fallos en ataque, pero cun bó traballo defensivo conseguiron que as locais quedaranse en 5 puntos neste cuarto.
Tralo descanso volveron os fallos en ataque, reducindose a ventaxa que tiñan as visitantes, e transmitindo sensación de impotencia ante os erros non forzados no tiro.
No último cuarto veu a remontada das xogadoras do COOK Terra Chá, a pesar de que dende o minuto 4 as ceenses, ían os tiros libres con cada falta cometida polas locais; un pésimo porcentaxe no tiro libre neste último cuarto marcou o resultado final, e ainda así nos últimos 5 segundos tiveron opción de forzala prórroga cunha tripla que non entrou.

Vindeira cita

Nas dúas próximas xornadas, 11 e 12, correspondentes as fins de semana do 13 e 20 de febreiro, o equipo do E.S. Bazarra Costa da Morte descansa. O vindeiro partido, será o que corresponde a xornada, nº 7, que fora aprazado no seu momento polos casos Covid que tiña o equipo do ACB Costa da Morte, e será o vindeiro 27 de febreiro ante o CB Laracha ás 17:00h no Pavillón IES Agra de Leborís.

Novas relacionadas

Comentarios