Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Basket: O Dimolk Xiria venceu pola mínima ao ACB

Dimolk Bastek Xiria 2
Basket: O Dimolk Xiria venceu pola mínima ao ACB

Pola mínima vencía o Dimolk Basket Xiria na súa visita ao pavillón de Cee, no que foi unha boa imaxe das ceenses ante un equipo potente da zona alta da táboa.

2ª Sénior Femminina, xornada 15

  • Resultado: E.S. Bazarra Costa da Morte - Dimolk Xiria (51-53)
  • Parciais: 18 - 13; 9 - 13; 9 - 17; 15 - 10 / Acumulado: 18 - 13; 27 - 26; 36 - 43; 51 - 53.
  • E.S.BAZARRA COSTA DA MORTE: Fani, 8 ptos; María Mas, 2 ptos; María Castro, 10 ptos(2 triplas); Sandra, 21 ptos (2 triplas); Yaiza, 10 ptos - quinteto inicial- Uxía, 0 ptos.
  • DIMOLK XIRIA: lara (9), Íria Sánchez (18, 2 triplas), Carmen (0), Lola (0), Gabriela (0), Liste (0), Emma (9), Milagros (0), Lucía (0), Alba (0), Cayetana (8), Elena (4) , María (0), Alba Domínguez (5) , Inés (0)

Inicio cómodo para as rapazas locais, levando o primeiro cuarto. No segundo, comenzan os fallos nos tiros, quedando con tan só 9 puntos. No terceiro cuarto, o cambio de defensa das carballesas atragántaselle ás locais, que pasan a estar por detrás no marcador. No último cuarto, a base de apretar na defensa, as rapazas do Acb Costa da Morte intentan a remontada. Emma metía unha canasta ganadora, e a pesar de ter o último ataque con posibilidade de empatar ou gañalo partido, as locais non foron capaces de conseguilo.

Na próxima xornada, o choque de volta en Carballo ante o Dimolk Basket Xiria.

O resto de equipos

Foi completa a fin de semana para a familia ACB. Así, na Liga minibasquet "As Rías”, as ceenses caeron ante o CB Riveira Congalsa por (32-72) no partido da xornada 19, e ante o Liceo la Paz por 59-43 nun choque adiado da xornada 6.

RESULTADOS - Xornada 19 ACB Costa da Morte: 32 - CB Riveira CONGALSA: 72 - Liguilla Copa - Cadete masculina Xornada 6 Liceo La Paz: 59 - ACB Costa da Morte: 43 - 2ª división feminina Xornada 15 E.S. Bazarra Costa da Morte: 51 - Dimolk Xiria: 53

Comentarios