Basket: O cansanzo provoca derrota para o E.S. Bazarra Costa da Morte

10:42 15/03/22
A falta de efectivos prococa que as xogadoras do ES Bazarra ACB Costa da Morte cheguen cansas aos momentos decisivos. Asi lle aconteceu esta fin de semana na visita do Ensino Lugo.
2ª DIVISIÓN SENIOR FEMININA - GRUPO NORTE-ÚNICO, 14ª XORNADA
- Resultado: E.S. Bazarra Costa da Morte - Ensino Lugo (52-59)
- Parciais: 11 - 11; 14 - 17; 11 - 12; 16 - 19 / Acumulado: 11 - 11; 25 - 28; 36 - 40; 52 - 59.
- E.S.BAZARRA COSTA DA MORTE: Fani, 15 ptos; María Mas, 0 ptos; María Castro, 7 ptos(1 tripla); Sandra, 23 ptos( 2 triplas); Yaiza, 6 ptos - quinteto inicial- Uxía, 0 ptos; Iria, 1 pto.
Partido no que as da Costa da Morte non estiveron cómodas en ningún momento no partido. Non foron capaces de gañar ningún dos parciais. A pesar diso, no último cuarto, a falta de dous minutos ía por diante no marcador, pero como soe pasar en todolos partidos desta tempada, o cansanzo fai mella nas xogadoras, e nos últimos ataques aparecen as precipitacións e os fallos no tiro.
Xa preparan as costeiras o choque do vindeiro domingo ante o Dimolk Basket Xiria.
NOVAS RELACIONADAS
- Febreiro 21: Basket: As líderes do CB Laracha puideron co ES Bazarra.
- Basket: O COOK Terra Chá devolve a man ao ACB.
- Xaneiro 21: Basket: O ACB Costa da Morte-ES Bazarra acostúmase a gañar.
- Xaneiro 21: Basket: O ACB Bazarra fíxolle fronte ao CB Laracha a pesar das baixas por COVID.
- Decembro 21: Basket: O ES Bazarra ACB Costa da Morte comeza a gañar.