Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Basket: As líderes do CB Laracha puideron co ES Bazarra

CB Laracha-ACB no pavillon IES Agra Leboris
CB Laracha-ACB no pavillon IES Agra Leboris
Basket: As líderes do CB Laracha puideron co ES Bazarra

Disputábase esta fin de semana o partido aprazado o 9 de xaneiro da xornada 7 entre o CB Laracha e o ES Bazarra Costa da Morte. O IES Agra de Leborís acollía o choque que remato en vitoria para a locais.-

2ª DIVISIÓN SENIOR FEMININA - GRUPO NORTE-ÚNICO, 7ª XORNADA (aprazado no seu día)

  • Resultado: C.B. Laracha - E.S. Bazarra Costa da Morte: (59-54).
  • Parciais: 13 - 18; 9 - 12; 20 - 7; 17 - 18 / Acumulado: 13 - 18; 22 - 30; 42 - 36; 59 - 54.
  • E.S.BAZARRA COSTA DA MORTE: Fani, 6 ptos; María Mas, 4 ptos; María Castro, 12 ptos(2 triplas); Sandra, 21 ptos( 1 tripla); Yaiza, 9 ptos - quinteto inicial- Ana, 0 ptos; Uxía, 2,ptos.

O partido arrancou cunha defensa presionante do Laracha, que as rapazas do E.S.Bazarra superaban con certa facilidade, permitíndolle saír á contra e manterse por diante no marcador no primeiro cuarto. No segundo, mantívose a mesma situación, o cal permitialle as rapazas do ACB Costa da Morte irse o descanso por diante ante o equipo que é lider virtual desta liga.

Tralo descanso, como case sempre en todos os partidos soe pasar, as da Costa da Morte, tiveron o "cuarto tonto" no terceiro, onde a pesar de seguir saíndo con criterio da presión de Laracha, o acerto na canastra contraria baixou considerablemente, ademais de baixalo nivel defensivo (parcial de 20-7 neste cuarto). Esto permitiu que o equipo local remontara o marcador, e rematase este cuarto cun 42-36. E no últiimo cuarto intentárono as visitantes, pero a pesar de gañalo parcial deste cuarto, ó igual que no primeiro e no segundo, a vitoria caeu do lado das de Laracha.

As ceenses prepáranse para visitar ao Ensino Lugo o domingo: 06/03/22 ás 12:30h na pista do Seminario Menor.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios