Martes. 19.03.2019
El tiempo

O Bm. Camariñas dáse un festín mentres Xiria e Xallas déixanse puntos importantes

O mundo ao revés esta xornada, entanto que a única vitoria costeira chegou da man do conxunto peor clasificado. A segunda vitoria consecutiva do Bm. Camariñas na caldeira do Areal permite aos de Moncho Canosa manter o pulso cos equipos que loitan por evitar as dúas prazas de descenso. Rasoero e Luceros tamén venceron, mentres o OAR caíam sendo os tres equipos cos que loitará por evitar a segunda praza de descenso, unha vez que o Octavio parece sentenciado. Camariñas e Luceros contan con 11 puntos, polos 12 de Luceros e OAR.

Fari nun partido anterior do Bm. Camariñas-Foto-Anxo Gutierrez
Fari nun partido anterior do Bm. Camariñas-Foto-Anxo Gutierrez
O Bm. Camariñas dáse un festín mentres Xiria e Xallas déixanse puntos importantes


O que non pasou do empate foi o Xiria, ao que lle pasou factura á derrota da semana ante o Teucro e que permite que o Lalín se coloque a só 1 punto da súa 2ª praza.

Mentres na 2ª, inesperada derrota polo Balonmán Xallas en Vigo, ante un rival ao que golearan na ida, e que se atopa na zona media-baixa, e que se convirte na 2ª derrota consecutiva dun cadro verde que afasta ao Balonmano Xallas do primeiro posto, e que dá vida ao terceiro clasificado, o Balonmano Pontedeume na procura da segunda praza que dá o ascenso.

1ª Estatal Masculina, xornada 22

  • Resultado: Bm. Camariñas - Magope 6 do Nadal (37 - 29)

Moi bo partido o que disfrutaron máis de 200 persoas no Areal. Un choque comezaba cun Camariñas que percutía sen cesar a dura defensa viguesa pero que Eusebio desangraba en cada acción facendo o que posiblemente foi a súa mellor actuación na categoría chegando a anotar 14 goles.

O equipo vigues só era capar de responder con rápidas contras xa que en ataque estático o Camariñas tiña moi asentada a súa defensa axudada por un grandisimo Cristian baixo os paus, que impedían aos visitantes achegarse no marcador.

Os tempos mortos usados polos visitantes e un par de precipitacións locais puxeron aos olívicos a 2 goles pero foi un mero espellismo xa que outra vez Eusebio vacinaba o arco visitante permitindo chegar cun 18-14 ao descanso.

A segunda parte duro 5 minutos, os que tardaron os conserveiros en poñer un 22-14 no electrónico, facendo que os Boya Blues se desen seu particular festín a golpe de bombos, tamborer e cánticos convertendo O Areal nunha caldeira fervendo. Houbo minutos para todos e ovacionar ás dúas grandes actuacións da tarde: Cristian e Eusebio.

 

1ª Estatal Masculina, xornada 22

  • Resultado: Calvo Xiria - Carnes Doribeiro-Ourense Provincia Termal (30-30)
  • Calvo Xiria: Antonio Mato (p), Julio Ferreiro, Carlos Vilanova (3), Cuco (1), Julián López, Brais Puñal (2), Fran Rey (2), Pablo Iglesias (7), Manuel Méndez (6), Jorge Bouzas (2), Alejando Calvete (3), Chimpo (4), Iván Amarelle.

Menos alegre estivo o cadro carballés, que basearon parte do seu xogo no bo facer do porteiro Antonio. Puideron escapar na primeira metade pero acabaron igualados.

As baixas ían facendo mella nos verdes, nun mal partido en xeral, ata que consegurion facer un parcial e marchar 24-20. Parecía que a cousa ía ser doada pero “o letargo emocional daría paso ás dúbidas” despois de 5 erros en ataque. En pleno empate dúas exclusións deixaban aos carballes con 4 en pista, permitindo aos visitantes colocarse un gol por riba co partido agonizando. Menos mal que aparecía Pablo Iglesias para salvar un punto.

 

2ª Autonómica Masculina, xornada 22

  • Resultado: Ad. Carballal - Balonmano Xallas (18-17)

Non estiveron finos os xogadores visitantes que unha vez máis viaxaron en cadro, no que vén ser o habitual as últimas semanas. Aínda que en defensa se encontraban cómodos, era de novo o ataque o que fallaba, deixando o marcador nun frouxo 6-8 ao descanso que para nada reflicte os números que teñen os xalleiros na clasificación.

A segunda parte foi un cúmulo de infortunios e imprecisións, na que se acabou levando o partido o equipo que máis o buscou. A falta de 30 segundos metía o gol da vitoria o Ad.Carballal, que conseguía ademais provocar unha falta en ataque en contra dos xalleiros a falta de segundos, cando estes buscaban o empate á desesperada.

Todas as novas do balonmán costeiro

Máis información

Comentarios