Venres. 26.04.2024
El tiempo

Brais Sánchez métese entre os 10 mellores canoistas xuvenís de España

Brais Sanches do Piraguismo Dumbria en Pau
Brais Sánchez en Pau
Brais Sánchez métese entre os 10 mellores canoistas xuvenís de España

Accidentada competición do CDM Piragüismo Dumbría na Estadio de Augas Vivas de Pau, sede dos últimos mundiais, na que acudía con 6 deportistas nun escenario que se mostraba esixente debido ó alto caudal de auga que presentaba, e a alta dificultade dos trazados propostos polos organizadores.

Iago Canosa necesitaba entrar nas finais para poder participar nos selectivos do Equipo Nacional, despois do seu fantástico cuarto posto en La Seu, pero por un só posto non se colou entre os dez mellores. Mesmo así, boa competición do de Olveira, que segue queimando etapas neste regreso á competición nacional.

Pola súa banda, e tamén na categoria Senior Masculina Marcos Sánchez Cancela sufriu un envorco do que saiu cunha lesión no seu xeonllo dereita o que lle obligou a abandonar.

Marco Oreiro, no C1 senior, despois dun bo desempeño na xornada do sábado que o deixaba 12º, e rozando os postos de finalista, non se adaptou o percorrido do domingo quedando definitivamente fóra da final.

En canto á categoría xuvenil, excelente competición de todos os participantes do CDM Piragüismo Dumbría, e máis tendo en conta que todos se tratan aínda de cadetes. A mellor nova chegou da man de Brais Sánchez, que foi quen de meterse entre os 10 mellores canoistas xuvenís de España. Mentres, Martín Fernández Romar adaptouse mellor o percorrido do sábado, sufrindo unha penalizacion o domingo, e Xesús Pena Cundíns fixo una fantástica competición de debut nun escenario tan esixente coma a canle de Pau.

Martín Fdez  do Piraguismo Dumbria en Pau
Martín Fernández
Iago Canosa do Piraguismo Dumbria en Pau
Iago Canosa
Marcos Sanchez  do Piraguismo Dumbria en Pau
Marcos Sánchez
Marco Oreiro do Piraguismo Dumbria en Pau
Marco Oreiro
Xesus Cundins do Piraguismo Dumbria en Pau
Xesús Cundíns

Novas relaciopnadas

Comentarios