Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A BTT e a Andaina d o Monteneme ten aberto o prazo de inscrición ata o 2 de outubro

marcha e BTT Monteneme
A BTT e a Andaina d o Monteneme ten aberto o prazo de inscrición ata o 2 de outubro
A BTT e a Andaina d o Monteneme ten aberto o prazo de inscrición ata o 2 de outubro

Continúan abertas as inscricións ata o vindeiro mércores día 2 de Outubro para a XVII Marcha Ciclista Costa de Morte que organiza Club Ciclista Monteneme, que vén sendo unha das marchas máis antigas e tradicionais do calendario ciclista de BTT de toda a provincia e que xa na pasada edición contou con preto de 300 ciclistas e que se desenrola en colaboración de Federación Galega de Ciclismo.

Contarase cun percorrido atractivo para todos os amantes do ciclismo de montaña que discorrerá principalmente polo Concello de Carballo, pero tamén polos Concellos de Ponteceso e Malpica. Os participantes concentraranse nas instalacións da Fábrica de Calvo para despois desprazarse ata a Praza do Concello onde se dará a saída oficial as 9:30 da mañán. Farase a tradicional ascensión a Monte Neme por un dos camiños da vertente de Oza, sendo a distancia a percorrer duns 45 quilómetros con algo máis de 1.100 metros de desnivel positivo. Haberá unha alternativa máis curta e asequible para todos os ciclistas de uns 30 quilómetros.

Paralelamente, celebrarase tamén a IV Andaina Costa da Morte, a cal nesta edición collerá destino cara Monte Neme para baixar cara Razo con vistas á súa ensenada onde haberá un avituallamento, cun percorrido asequible para todos duns 14 quilómetros que arrincará desde a Praza do Concello de Carballo sobre das 9:35 horas, xusto detrás dos ciclistas. Desde Razo haberá un autobús para a volta Carballo.

O Club Ciclista Monteneme invita a todos os afeccionados ó ciclismo a acompañarnos o vindeiro día 6 de Outubro xunto cos que lles guste andar pola natureza. As inscricións seguen abertas ata o día 2 de Outubro en www.magmasports.es.

Comentarios