Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Campionato Galego de Piragüismo péchase esta fin de semana en Dumbría

Iera Lema do Piraguismo Dumbria-Foto-JParri
Lorena Lema do Piragüismo Dumbría en acción-Foto-JParri
O Campionato Galego de Piragüismo péchase esta fin de semana en Dumbría

O campo de Slalom de O Couquiño recibe esta fin de semana a proba que pon fin o calendario de competicions de piragüismo en Galicia coa disputa no Campo de Slalom de O Couquiño do Campionato Galego de Slalom de Augas Bravas. A proba que estaba calendada para a pasada semana, tivo que ser aplazada a causa dos altos caudais que presentaba o Rio Xallas ó seu paso polo Campo de Slalom de O Couquiño, co que a organización da proba chegou a estar bastante comprometida debido as repercusions das fortes choivas nas marxes do río Xallas.

Finalmente saerá adiante co esforzo do clube organizador, a Federación Galega de Piragüismo, o Concello de Dumbría e a empresa concesionaria que tratará de manter un caudal estable duns 50m3/seg para a disputa da proba.

En canto a participación costeira, o CDM Piragüismo Dumbría non opta ó podium por clubs, pero sí que a nivel individual ten unhas boas opcións de medallas, con Lorena Costa no K1 Femenino, Marcos Sánchez e Iago Canosa no K1 Masculino, e Marco Oreiro e Brais Sánchez no C1 masculino.

Esta competicion é a que pon o punto final o calendario oficial de competicions en Galicia.

Campiobato slalom Galego Dumbria

Máis novas

Comentarios