Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo acolle a Final Four das Ligas Galegas Infantís de Balonmán 

Presentacion da Fase Final de Balonman
O concelleiro de Deportes, Marcos Trigo; o concelleiro de Turismo, Xosé Regueira, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, e o vicepresidente de Escolas Balonmán Xiria, José Antonio Rodríguez.
Carballo acolle a Final Four das Ligas Galegas Infantís de Balonmán 

Se Dumbría acolle unha fase final galega de volei, por Carballo toca balonmán. Será o Pavillón Vila de Noia o que acolla a Final Four das Ligas Ouro e Prata Infantil Masculina, esta fin de semana (29 e 30 de maio).

O sábado celebraranse as semifinais e o domingo disputaranse as finais e a loita pola terceira posición. Na Liga Ouro os clubs participantes son Culleredo Sutenor, Cisne Colegio Los Sauces, Garaysa Xiria e Abegondo F40, que loitarán polo título galego, así como polas tres prazas en xogo para a disputa das fases estatais. Na prata os participantes son Embutidos Lalinense, Carballiño, Club Balonmán Atlántico e Acanor Novás Valinox, que tratarán de acadar o título nesta Liga.

Este será o segundo evento que se celebre en Carballo neste mes de maio, trala organización das Final Four Deputación da Coruña de 1a Autonómica Masculina e Feminina, e que será a antesala da fase de ascenso á División de Honra Prata Masculina que se celebrará a vindeira fin de semana. O presidente da Federación Galega destacou o apoio do Concello de Carballo ao balonmán galego e de forma moi especial por parte de Turismo Carballo.

Comentarios