Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría consegue rematar a atípica tempada con dúas medallas en Mondariz

Martín Fernández Romar do Piraguismo Dumbria bronce en Mondariz
Martín Fernández Romar, bronce en Mondariz
O CDM Piragüismo Dumbría consegue rematar a atípica tempada con dúas medallas en Mondariz

Conseguíu rematar a temporada 2019/2020 o piragüismo galego. Os padexeiros foron dos primeiros en retomar os adestramentos e esta fin de semana pechaban a campaña no Campionato Galego de Promoción de Slalom celebrado en Mondariz.

Un campionato moi positivo para CDM Piragüismo Dumbría. que volveu con dúas medallas individuais e a terceira plaza por clubes no Campionato Galego de Promoción de Slalom.

Eran 9 os deportistas que presentou o cadro costeiro, pero a meirande parte de primeiro ano en cadansúa categoría. Mesmo así grazas a unha boa segunda manga Teo Costas Blanco subiu ó 2 chanzo do podium no K1 benxamín masculino; e Martin Fernandez Romar, que sempre estivo na loita pols medallas no K1 infantil, finalmente lograba ser 3º tras facer dúas boas mangas sendo ademáis cuarto en canoa.

Do resto da representación costeira o máis destacable foron o cuarto e 5º mosto de Sara Fernandez Romar e Aroa Piñeiro no K1 infantil femenino, o 6º de Xoel Soto no K1 alevín masculino, o 7º de Roque Gonzalez entre os benxamíns, e o debut de Marco Soto entre os pre-benxamíns.

O cadro dumbriés logrou así o terceiro posto no Campionato Galego de Promoción, por detrás do Clube Quixos de Moforte de Lemos que se proclamou Campións, e dos locais do Clube Tea de Piragüismo que foron segundos.

Quique Portela adestrador do Piraguismo Dumbria recollendo medalla en Mondariz
O adestrador dumbriés Quique Portela  recollendo medalla en Mondariz

Novas relacionadas

Comentarios