O CDM Piragüismo Dumbría regresa de Sort (Lleida) con moito traballo por diante
Foron bos os resultados da expedición do CDM Piragüismo Dumbría que acodía esta fin de semana á vila lleidana de Sort, no corazón dos Pirineos. Volvían tras dous anos de parón pola pandemia os 6 deportistas costeiros, e se as sensacións son boas, o camiño por percorrer é longo.
Martín Romar en Sort
A Canle de Augas Bravas de Sort, en augas do Noguera Pallaresa, e esixente e variada, e implica muitos novos desafíos para os xoves deportistas costeiros. Martín Fernandez Romar e Brais Sánchez Cancela realizaron boas mangas tanto en C1 coma no K1 cadete, aínda que non foron quen de clasificarse para Final A en ningunha das dúas modalidades. Ser cadetes de primeiro ano complica o paso entre os dez primeiros, pero os de Dumbría sempre andiveron cerca. Ao final tiveron que conformarse con participar na Final B.
Xesús Pena Cundíns, "Minchi"
Pola súa banda, os infantís Xesús Pena Cundíns e Sara Fernández Romar fixeron moi boas mangas cada un deles, participando ambos o domingo nas Finais A. Tanto o de Vimianzo coma a dumbriesa descubrían o que era competir nunha Copa de España, e pagaban a novatada e volvendo para casa aínda coa sensación de poder facer máis.
A vindeira proba desta competición e dentro de dez días na vila murciana de Calasparra, onde o CDM Piragüismo Dumbría tamén estará presente.
Únete
Dende o club dumbriés animan a tod@s @s pequen@s que queiran descubrir o Slalom de Augas Bravas a que o fagan acudindo os lugares habituais de entreno do clube en Mazaricos, Vimianzo e Dumbría ou poñéndose en contacto co clube chamando o 629 126 623.