Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cee viviu a festa do Taekwondo con máis de 300 deportistas sobre o tatami

Festa do Taekwondo coa Liga FITE en Cee
Así foi a Festa do Taekwondo coa Liga FITE en Cee
Cee viviu a festa do Taekwondo con máis de 300 deportistas sobre o tatami

Este pasado sábado, uns 300 deportistas disputaron a 1ªxornada da Liga FITE Galicia en Cee. Este campeonato está organizado polo club local Club Cee Deportes de Contacto e coa colaboración do Concello de Cee, foi toda unha festa do deporte de contacto.

O Pavillón municipal de Cee estivo ateigado de público, país, avós e familiares que queren seguir de preto os avances dos máis pequenos.

Ademais do club Club Cee Deportes de Contacto, que puxo en competición 40 deportistas, tamén participou o ITF Baio, xunto cos clubs Liceo de Noia, ITF Noia, ITF Coirós, Panteras Celtas Betanzos, ITF Oroso, Cam Tae Box Cerceda, ITF Carballo,Cam Santiago, Opc Fitness Ordes, Máster Gim.

Esta foi a primeira das 3 sesións que forman a Liga FITE GALICIA 2020, que continuará o 14 de marzo en Oroso e rematará o 18 de abril en Coirós.

Festa do Taekwondo en Cee

Comentarios