Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A chuvia non empañou o Campionato Galego de Tiro con Arco do Pinguel

Tiro con Arco no Pinguel
A chuvia non empañou o Campionato Galego de Tiro con Arco do Pinguel

Esta pasada fin de semana acollía o Campo Municipal de “O Pinguel” de Ponteceso, o Trofeo Federación “Xunta de Galicia“ de tiro con arco o aire libre, mais o 1° Torneo Costa da Morte. Foi a estrea do Club Deportivo Flechas por un Tubo de Corme na organización dun evento coma este, e a boa acollida, a pesar da chuvia, failles asegurar que non será o último. "Creo que fixemos unha excelente organización e sobre todo unhas instalacións inmellorables, dignas para unha competición como a que queremos para representar a nosa comarca", asegura Jesús Antonio Allo.

Coa colaboración da Federación Galega de tiro con arco, e o Concello de Ponteceso convertiron a comarca de Bergantiños no epicentro deste deporte en Galicia, xa que foron 150 arqueiros de todos os puntos de Galicia os que se xuntaron na que foi a última proba puntuable para acceder o Campionato Nacional 

O día 6 foi o turno dos máis pequenos xunto cos arqueiros de arco tradicional, long bow, arco espido.  O día 7 competiron as categorías de arco olímpico e arco composto.

Entre os pontecesáns, subiron ao podio Manuel Souto Gacía (ouro en Recurvo Alevín), Adrián González Lema (ouro en Recurvo benxamín), Alan Cores Duarte (bronce en recurvo benxamín), Pedro Álvarez Pailos (prata en recurvo sub18), ou Leonor Andrade (bronce en recurvo sub18).

Carlos Andrade e Sergio Fernandez Souto tamén participaron en categoría asboluta por parte do cadro local, así como o vimiancés Manuel Calvo Soto, do DousxSetenta; e o larachés Iván Loureiro.

Outro que subiu ao poido foi o baiés Santi Soneira en Espido. E tamén subiu ao podio Mateo Puente Balsa que quedou bronce no trofeo federación.

En todo caso, o presidente do club quere dar as gracias a todos os componentes do Club pola súa participación na preparación do evento, e fai unha mención especial a Claudia Chouciño que se lesionou durante o trofeo federación e non puido continuar. 

Tiro con Arco no Pingue Santi Soneira

Máis novas

 

Comentarios