Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Club Arte Movemento triunfa en Galicia, en España e no mundo enteiro

Club Arte e Movemento no Campionato Galego de Bailes Caribenos 2024
Deportistas do Club Arte e Movemento no Campionato Galego de Bailes Caribeños da Estrada
O Club Arte Movemento triunfa en Galicia, en España e no mundo enteiro

Incrible o que fai o Club Arte e Movememento. Potencia mundial en varias disciplinas do baile dende a Costa da Morte. E así o ratificará esta fin de semana, pois despois de arrasar, con 55 medallas, nos campionatos galegos, se desprazan a Roma para participar no Universal Dance Championship, unha proba de nivel mundial cos mellores bailaríns do mundo.

Recoñecementos DGAN

Pero é que ademais, o pasado, 10 de maio a Xunta recoñeceu máis deportistas como deportistas de alto nivel. En estos momentos o club conta con 7 deportistas galegos de Alto Nivel: Melani Lois, Aalyah Louro, Laura Marcote, Andres Parga, Soraya Santos, Ainhoa gonzalez, Alberto Martinez. 1 deportista de alto rendemento: Alba Mourelle, e 7 deportistas de rendemento de base: Serena Diaz, Raul Romero, Sara Taboa, Ines Liaño, Andre Liaño, Paula García e Ashley Sanchez.

Todo un fito na Costa da Morte, único en Galicia. “Son moitos os logros, pero tamén as horas de entreno e a dedicación”, sinala Graciela Toba dando conta da clave do éxito.

55 medallas nos Campionatos Galegos

Repasando o último campionato, celebrado o pasado 19 de maio, o Clube Arte e Movemento, participou en A Estrada, no Campionato Galego de Bailes Caribeños. Lograron un total de 55 medallas, das que 30 foron de ouro (Raúl e Sere Show Case Salsa; Raul e Sere Show Case Bachata; Serena bachata; ⁠Serena salsa, Raúl Bachata, Raúl Salsa, Raúl e Serena bachata dúo, Raúl e Serena salsa dúo, Raúl e Serena salsa on 2, Raúl e Serena bachata, Raúl e Serena merengue, Raúl e Serena salsa cuban style, la Sirenita, ⁠Vaiana in Miami, Barbie World, Alba en salsa, ⁠Alba en bachata Alba e Ashley bachata dúo, Aalya salsa, Aalyah bachata, Aalyah e soraya bachata, Aalyah e soraya salsa, Andrés e Soraya salsa on 2, Andrés e Soraya merengue, Andrés e Soraya bachata, Andrés e Soraya salsa cuban, Andre e Inés bachata duo, Emma e paula bachata dúo, Andrés e Soraya show case salsa, Andrés e Soraya show case bachata.

Obtiveron tamén 19 Platas: Sara bachata, Inés bachata, Inés salsa, Inés bachata, Andre salsa, Andre bachata, Alba e Ashley salsa, Laura salsa, Soraya bachata, Andre e Inés salsa dúo, Emma e paula salsa dúo, Andre e ines salsa dúo, Andre e Inés salsa on2, Andre e Inés bachata, Andre e Inés merengue, Andre e Inés cuban, Edgar salsa, Andre e Inés show case bachata e Andre e Inés show case salsa.

E finalmente 6 Bronces: Paula bachata, Sara salsa, Soraya salsa, Laura salsa, Ashley salsa, Ashley bachata.

Ao Campionato Internacional

Championship caribenos

O clube vai logrando facer realidade todos os obxetivos de forma individual, e este mes remata a temporada de competición pero de forma moi intensa. Esta próxima fin de Semana, desprázanse 28 persoas a Roma, a participar en Universal Dance championship, unha proba de nivel mundial, onde se van medir aos mellores bailaríns do mundo, procedentes de 30 nacións distintas, e con un total de 1500 deportistas.

E sen tempo a descansar, os os días 21 e 22 de xuño, celébrase o Campionato de España de Bailes Caribeños en Valencia, onde se despraza o clube ó completo.

”Todo esto, supón un enorme sacrificio, pero xa demostramos que estamos no máis alto, e queremos seguir crecendo”, explica Toba.

Campionato de Espana de Valencia de Bailes Caribenos

Máis novas

Comentarios