Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O costeiro Unai Larrañaga, convocado coa Selección Nacional de Volei

Unai Larranaga no Textil Santanderina
Unai Larranaga no Textil Santanderina
O costeiro Unai Larrañaga, convocado coa Selección Nacional de Volei

Formado no Manuela Rial e no Voleibol Dumbría, Unai Larrañaga fichou o ano pasado polo Textil Santanderina da SuperLiga. O líbero costeiro, nado no ano 2000, acaba de ser convocado pola Selección Nacional para unha concentración previa á preparación oficial da Liga Europea 2021, que se celebrará desde o 7 de maio en Guadalajara.

SONY DSC
Unai Larrañaga co 10 nos alevíns do Manuela Rial en 2012

Unai comezou en 2012 nos Alevíns do Manuela Rial, acompañado do seu pai Gurutz, un dos formadores do tándem creado entre Cee e Dumbría, e un dos máis recoñecidos en toda Galicia. Apenas un ano despois xa competía cos cadetes e era chamado para a Selección Galega Infantil. En 2016 e 2017 tamén competiu coa Selección Galega de Volei Praia, e precisamente no 2017 xa era convocado pola Federación Española para unhas xornadas de tecnificación de Volei Praia.

Unai Larrañaga coa Seleccion Galega Infantil en 2013
Unai Larrañaga, á dereita, coa Seleccion Galega Infantil en 2013

Agora, con apenas 20 anos, cumple o soño de calquera deportista de triunfar na máxima categoría dun deporte a nivel estatal, e de poder vestir a zamarra vermella da Selección Española absoluta.

Unai Larranaga no Textil Santanderina nun partido copia
Unai nun partido da SL

Novas relacionadas

Comentarios