Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O xogador do Volei Dumbría, Unai Larrañaga, convocado pola Federación Española

O xogador do Volei Dumbría, Unai Larrañaga, convocado pola Federación Española
Unai Larranaga do Volei Dumbria Unai Larrañaga foi convocado para unhas xornadas de tecnificación de Volei Praia pola Federación Española

Segue dando alerías a aposta municipal por este deporte. O Volei Dumbría segue demostrando que cun bo traballo de canteira se pode conseguir calquera cousa. Despois de cumprir os obxectivos da primeira tempada na SuperLiga2, e antes de rematar a tempada, a familia dumbriesa celebra a convocatoria dun dos seus xogadores por parte da Real Federación Española de Voleibol. Unai Larrañaga, de apenas 16 anos, vai participar nunhas xornadas de seguimiento no Centro de Alto Rendemento de Voley Praia de Lorca.

Esta concentración levarase a cabo do 10 ao 12 de marzo, e o obxectivo é formar un grupo de élite de Voley Praia de seguimiento especial e con vistas aos Xogos Olímpicos da Mocidade 2018, que se celebrarán en Bos Aires.

Unai, formouse nas categorías inferiores do Colexio Manuela Rial Mouzo e de aí pasaría a xogar federado no Voleibol Dumbría desde a categoría infantil. Co seu club quedou Campión Galego na categoría infantil, cadete, xuvenil e sénior, participando en 5 Campionatos de España. Na actualidade, e pese a ter tan só 16 anos, é o líbero do equipo de Superliga 2, e pese á súa mocidade callou unha gran tempada, sendo un dos destacados do equipo. Ademais formaría parte das diferentes categorías das Seleccións Galegas, destacando a medalla de bronce en categoría infantil no Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

En Voley Praia disputou só 2 tempadas en categoría cadete, sendo Campión de España en 2015 co Voleibol Dumbría e medalla de bronce en 2016 co CV Vigo. Ademais formaría parte da Selección Galega no Campionato de España de Seleccións Autonómicas en 2016.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas do Volei Dumbría

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios