Venres. 19.04.2024
El tiempo

Este domingo, Carballo tamén recupera a súa 10K

10K Carballo
Este domingo, Carballo tamén recupera a súa 10K

Se o sábado serán 700 na Carreira Pedestre de Zas, este domingo 5 de xuño serán 1.200 os deportistas participarán na 10K de Carballo. A vila bergantiña recupera esta histórica proba, da man da Federación Galega de Atletimos, como recoñecía o Concello facendo entrega ao seu presidente, Isidoro Hornillos, dunha figura do Carballo de Sargadelos.

Seran 487 os que vaian á proba absoluta de 10.000 metros homologados.

Cortes

Avisan de quea celebración da 10k Carballo afectará ao tráfico rodado.

Estas son as Rúas que estarán pechadas ao tráfico rodado de 9:45 a 11.30 horas: Gran Vía dende rúa Sol ata glorieta da Gran Vía, Vázquez de Parga dende rúa Portugal ata Camiño Novo, Camiño Novo, Anxel Fole, Enrique Sánchez, Perú, Luís Calvo, Castelao, Alexandre Bóveda, Avda. Fisterra ata rúa Fomento, Río Anllóns, Río Sil, Río Lérez, Río Miño, Fomento, Praza de Galicia, Camiño Novo, Valle Inclán e Colón.

As que compartirán tráfico e corredores son: Vázquez Parga, dende cruce con Gran Vía ata Emilia Pardo Bazán.

Por iso, recomendan aos condutores que usen a circunvalación da AG-55. Solicítase a todos os veciños que teñan garaxe nas rúas incluídas no percorrido que os retiren antes da hora de comezo da proba.

Outras carreiras

Comentarios