mércores. 11.12.2024
El tiempo

Dous irmáns de Lires, convocados coa Selección Galega de Fútbol Gaélico

Samuel e Tomás L B de Lires a Seleccion Galega de Futbol Gaelico
Samuel e Tomás L B coa Irmandiña
Dous irmáns de Lires, convocados coa Selección Galega de Fútbol Gaélico

A Selección Galega de Fútbol Gaélico é unha potencia mundial. Por iso ver dous ceenses vestindo a Irmandiña é todo un orgullo. O pasado 16 de novembro, os irmáns Samuel e Tomás L B, nados en Lires, vestiron a camiseta da Selección Galega de Fútbol Gaélico no “Torneo Madrid Harps 2024” celebrado en Madrid, que contou co participación de equipos femininos e masculinos provintes de Donegal, Armagh, Belfast e Madrid.

Para Samuel, actualmente xogador do St. Peregrines GAA Club de Dublín, foi a súa primeira convocatoria, mentres que Tomás xa leva dous anos sendo convocado. Ambos chegaron a xogar a final do torneo quedando subcampións tras perder por 1 punto, a súa participación xunto cos demais xogadores da selección galega foi moi notable.

Máis novas

Comentarios