O Fútbol Gaélico entra na Costa da Morte vestido de amarelo

20:14 27/03/22
Acollía esta fin de semana Mazaricos a I Copa da Asociación de Fútbol Gaélico. A primeira aproximación deste deporte a nosa comarca chegou gracias ao empuxe da familia amarela, nomeadamente de Anxo Agra, e tamén de Jorge Villar.
Foi toda unha festa a I Copa, que se disputou nos campos do Pino do Val e da Picota. A gran final, disputada en Pedra de Ouro, tivo como gran protagonista o Keltoi de Vigo, que venceu ao equipo Fillos de Breogán, da Coruña.
Ademais dos finalistas e o anfitrión (que xogou 2 partidos e necesitá moito adestramento para competir cara a cara), participaron Estrela Vermelha, Keltoi, Lume de Beltane, Cambados, Auriense e un combinado formado por xogadores do Irmandinhos e Herdeiros de Dhais.
O concelleiro de Deportes, Jorge Villar, agradeceu a súa implicación aos equipos participantes e manifestou que “foi unha xornada moi agradable na que demos a coñecer un equipo distinto”. O edil adiantou que con esta copa veñen de asentarse as bases para desenvolver unha afección propia para este deporte en Mazaricos”.O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, que asistiu á competición, agradeceu tamén a presenza de todos os equipos participantes e saudou iniciativas coma esta “que diversifican o mundo do deporte mazaricán”.

