Luns. 14.06.2021
El tiempo

Ana Mouzo e Fran Figueroa, aos mandos da Escola Feminina CF Dumbría

Escola de Futbol Feminino Dumbria
Fran Figueroa, César Ferrío e Ana Mouzo
Ana Mouzo e Fran Figueroa, aos mandos da Escola Feminina CF Dumbría

Esta mañá tivo lugar no Conco a presentación dos responsables técnicos da a href="https://www.quepasanacosta.gal/articulo/futbol-da-costa/dumbria-abre-escola-futbol-base-feminino/20210512125426127018.html">Escola Feminina CF Dumbría, recentemente anunciada no marco do seu 25 aniversario para a tempada 21/22.

O presidente do clube César Ferrío Martínez presentou a Fran Figueroa García (20/01/1981-Muros), que foi adestrador dos infantís e cadetes do CD Muros, e dos equipos alevín e infantil no ED Os Miúdos, antes de poñer en marcha o equipo senior feminino de As Miúdas. Fran é unha das referencias do FutFem costeiro.

Ao seu carón estará Ana Mouzo Mosquera (22/06/1991-Vimianzo), actual xogadora e capitana do Fisober FSF que tamén xogou nas filas do Val do Ulla CF de fútbol. Ana foi ademais a adestradora na EFM de Vimianzo e a día de hoxe o é no Fisober FSF e Valdetires Ferrol FSF da Segunda División Nacional.

Inscrición

Xa son a día de hoxe máis de 20 nenas inscritas, e o prazo segue aberto no teléfono 666511612 ou no e-mail [email protected]

A presentación oficial das Escolas será o á o día 03 de xullo nas instalacións do Conco con algunha sorpresa.

NOVAS RELACIONADAS

CRÓNICAS DO FSF

 

CRÓNICAS DO FUTFEM

comentarios