Venres. 29.03.2024
El tiempo

O fútbol si é unha pandemia. Bendita enfermidade

Fran Figueroa nun partido das Miudas
O fútbol si é unha pandemia. Bendita enfermidade

A pesar de que o fútbol nos últimos tempos si que colleu unha cor política e económica importante, detrás deste deporte tan grande hai moito máis que intereses dese tipo. Hai moreas de persoas anónimas que, sen sacar rendibilidade, o viven e se implican polo que verdadeiramente é un método de vida. Para min este deporte é unha das veas máis importantes que bombea desde o peito ata o resto do corpo, e cónstame que somos “pandemia” nesta forma de sentilo.

Pode que quen só vexa o fútbol dende a barrera o miren con esa crítica gratuíta de “vedes como se podía vivir sin fútbol”. Respectable? Non o sei, pero tamén se pode vivir sen ver, sen escoitar, e sen calquera deses sentidos que nos dan cor no día a día.

Personalmente eu sinto que este deporte é o meu sexto sentido, e non penso que non sexa criticable, de feito, nas barras dos bares todxs somos adestradores, políticos e pandemiólogos... A salsa de poder opinar, pero sin chegar a facer desto o “punchimball” sobre o que botar toda a borralla dunha situación inxusta a calquera maneira de ver.

Meu desexo é que TODXS cantos temos unha paixón, sexa cal sexa, poidamos máis pronto que tarde volver a vivila da maneira que nos guste, defendela e representala sin menoscabar o que significa para cada quen. Pero sobre todo, disfrutala cunha libertade que non infravalore todo canto empuxamos dende os niveles máis básicos, dende os máis puros.

Para moitxs, segue sendo O MÁIS IMPORTANTE DAS COUSAS MENOS IMPORTANTES.

Vémonos nos campos!!

  • Fran Figueroa. Adestrador das Miúdas.

Entrevista en QPC

Comentarios