Venres. 19.04.2024
El tiempo

Elian Numa proclamouse subcampión de España sub23 e mantén a condición de Deportista Galego de Alto Nivel

Elian Numa atleta de Cee e campion de Espana
Elian Numa proclamouse subcampión de España sub23 e mantén a condición de Deportista Galego de Alto Nivel

Segue batindo marcas Elian Numa López Iglesias. Esta pasada fin de semana conseguíu a medalla de prata na proba de 800 metros do XXXIV Campeonato de España Sub23 de pista cuberta celebrado en Salamanca.

Con este resultado, o atleta ceense que compite con club Coruña Comarca, pode manter durante 2 anos máis a condición de Deportista Galego de Alto Nivel (DGAN), que lle permite recibir certas axudas para poder competir entre os mellores do estado.

Continúa así o seu imparable crecemento apenas un ano despois de quedar campión de España sub20. Elian cumple este ano 20 anos.

Comentarios