Venres. 29.03.2024
El tiempo

En marcha a II Ruta BTT Terra Neria

En marcha a II Ruta BTT Terra Neria
II Ruta BTT Terra Neria 2012

Triple sesión de BTT na zona. A primeira, este domingo en Carballo. Xa botamos un ollo á 9ª BTT por Vimianzo, e a seguinte cita cas bicicletas de montaña terá que esperar ata o 30 de setembro, coa II Ruta BTT Terra Neria.

Un bo xeito de irse preparando para a Vuelta!!

II Ruta BTT Terra Neria

Xa está aberto, e ata o 21 de setembro, o prazo de inscrición para a II Ruta BTT Terra Neria. A ruta está limitada a 200 participantes. Haberá dous percorridos, un curto de 45 km e outro longo de 62km e a hora de saída será ás 9:00h.

Dende o Clube Ciclista Cee esperan acadar un éxito como o do ano pasado.

  • Inscricións na delegación de Deportes do Concello de Cee, a través do teléfono: 981.74.51.00. Tamén por correo electrónico no seguinte email:[email protected]
  • Hai que facer o ingreso na conta do Club Ciclista Cee da cota de 8€ para os federados e de 20€ para os non federados (por mor do seguro): 2080-0022-03-3000154494.

IV Circuito BTT 12 horas en Carballo

A Asociación Deportiva Media Ducia organiza, coa colaboración do Concello de Carballo, a carreira "IV Circuíto BTT 12 horas", unha marcha cicloturista de velocidade libre de carácter lúdico dirixida a todo aquel deportista sub-23 con ou sen licenza. A proba ten lugar o domingo 25 de agosto entre as 10.00 e as 22.00 horas e acolle a participación individual ou por equipos formados por entre un e catro corredores. A proba disputarase por relevos sobre un circuíto de arredor de 10 quilómetros con saída e chegada no Polígono de Bértoa de Carballo.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios