Sábado. 05.12.2020
El tiempo

O Ézaro volveu convertir Dumbría no centro do Volei Praia Nacional

O Ézaro volveu convertir Dumbría no centro do Volei Praia Nacional
Campionato de Espana de Volei praia Cadete no Ezaro Dumbria e Deporte

Non conseguiron os dumbrieses revalidar o título do ano pasado, pero Dumbría cumpliu o obxectivo que ser a referencia estatal de Volei Praia. 41 equipos – 24 femininos e 17 masculinos – do panorama nacional estiveron competindo polo Campionato de España de Volei praia Cadete no Ézaro durante toda a fin de semana, sendo máis de 500 as persoas que pernoctaron ao longo de toda a bisbarra. Unha nova demostración de como o deporte serve como motor económico.
E ollo, que as pistas do areal aínda terán máis citas, esta fin de semana cos campionatos locais da Festa da Praia e a vindeira co Campionato Galego Senior.

Galicia ten canteira

Podio galego no Campionato de Espana de Volei praia Cadete Podio galego no Campionato de Espana de Volei praia Cadete

Se ben os Costa, Sergio, Raúl e Gael non puideron subir ao podio, si que demostraron xunto ao resto de equipos galegos, que Galicia ten boa canteira. O Campión de España ao Barraña Volei Praia no apartado masculino. Os boirenses collen a testemuña do CF Dumbría, gañador da pasada edición e volven a levar o nome da nosa comunidade ao máis alto do panorama nacional. Pero os barbanceses non estiveron sós no podio, xa que o Club Vigo Voleibol lograba tamén sumar unha medalla, a de bronce, no mesmo campionato. Un logro que acariñaron as rapazas do Volei Praia Vigo, que por moi pouquiño quedaron fóra do caixón, nunha moi meritoria cuarta praza.

O CF Dumbría rematou finalmente na décimo séptima praza. Os da Costa da Morte non puideron tampouco co CD Cádiz nin co Voleiboleros Sada.

Campionato de Espana de Volei praia Cadete no Ezaro 2

Novas relacionadas

Fonte

comentarios