O Ézaro volve ser a capital do volei praia estatal
Ciclismo, volei, motor, FSF… Poucos concellos en Galicia aproveitan tan ben a súa natureza para convertir o deporte en motor económico.
Desta volta é o volei praia o que pon a Dumbría no "candelero", co gallo dos Campionatos de España Infantil e Cadete de Volei Praia, que segue acollendo, un ano máis, a praia do Ézaro. Dende este martes, máis de 40 equipos participan na fase de grupos do campionato Infantil, que remata o xoves 25. Do 26 ao 28 será a quedan cadete.
Son uns 300 xogadores, e unhas 750 familias as que pernoctan esta semana na zona, o que dá boa conta da incidencia económica do evento.
Entre os infantís que xa están en liza temos ao CF Dumbría, que compiten no Grupo C ante Legal Steps CV Portol e Costa do Vóley e CF Dumbría, que disputarán un duelo directo pola primeira praza e o pase directo a segunda rolda eliminatoria.