Festa do tenis de mesa comarcal en Zas

07:45 20/04/23
Acollía este pasado sábado o pavillón de Zas o Campiónato intercomarcal de tenis de mesa. Ducias de rapaces de toda a comarca participan nesta festa do deporte de raqueta.
Varios equipos de Cee, A Baña, Vimianzo, Camariñas, Barouta, Zas e Ames participaron nas diferentes categorías.
Os anfitrións gañaron nas categorías benxamín mixto, alevín masculino e cadete masculino. En Alevín feminino impúxose un dos equipos de Camariñas e e infantil Masculino o Ames. Xa en cadete feminino venceu o Cee.
NOVAS RELACIONADAS
- O AD Zas Ponciano Nieto achégase ao ascenso pero o AD Zas O Pinar depende de terceiros.
- Marzo 23: O AD Ponciano Nieto deixouse media Liga en Compostela pero confía no ascenso.
- Febreiro 23: O AD Ponciano Nieto segue soñando co ascenso.
- Xaneiro 23: Zas foi un fervedoiro de gran tenis de mesa gracias ao formato de concentración