Venres. 29.03.2024
El tiempo

FS: O Villa tira de épica para volver aos postos altos

VILLA DE CEE OUROL
VILLA DE CEE OUROL
FS: O Villa tira de épica para volver aos postos altos

Terra de Celanova 6 – 3 Fisober

Fisober: Sharay; Nuriña, Carre, Ana, Saray. Tamén xogaron: Paula Fandiño, María Dumbría.

Goles: 1-0, 3’: Belén / 2-0, 4’: Laura / 3-0, 5’: Laura / 4-0, 10’: Cintia / 4-1, 15’: Nuriña / 5-1, 22’: Cris / 6-1, 27’: Cintia / 6-2, 34’: Paula Fandiño / 6-3, 38’: Carre.

Con seis xogadoras de campo chegou o cadro costeiro a Celanova para medirse a un rival que tiñan moi parello na clasificación. As cousas non foron a mellor co arranque do partido xa que as locais xogaron uns primeiros dez minutos case perfectos aos que o Fisober non soubo como responder. A intensidade e a eficacia do Terra foi espectacular durante ese tempo e proba diso foi o rápido 4-0 co que se situaron. Nuriña, que acurtaba distancias, dáballe motivos para creer ás costeiras xusto antes do descanso.

Pero outra vez volveron saír mellor as locais, que pronto conseguiron o quinto e que resistiron ben as ofensivas visitantes, por medio de Saray e Ana, antes de facer o sexto. Nin así, se renderon as bravas do Fisober, que puxeron unha marcha máis e conseguiron crear moitas ocasións, aínda que os goles chegaron demasiado tarde.

Fisober Celanova

Ourol 4 – 5 Villa de Cee

Villa de Cee: Bruno; Ángel, Juan O Bello, Marroko, Kevin. Tamén xogaron, Iago Castro, Deivy e José Ángel.

Goles: 1-0, 11’: Alonso / 1-1, 13’: Kevin / 2-1, 19’: Penabad / 3-1, 24’: David Díaz / 3-2, 30’: Ángel / 4-2, 32’: David Díaz / 4-3, 33’: Deivy / 4-4, 37’: Deivy / 4-5, 37’: Kevin.

Despois de dúas derrotas consecutivas, o equipo ceense xa se atopa a so dous puntos do segundo clasificado tras lograr unha vitoria importante e, outra vez, coa heroica como protagonista do relato. Porque na primeira parte, tras uns primeiros dez minutos con ocasións para ambos, o Ourol foise ao descanso cunha vantaxe mínima produto dun gol no último minuto, mostra da igualdade entre os dous conxuntos.

Na segunda seguiu a igualdade sobre a pista, pero os locais tiveron maior eficacia e pronto ampliaron a vantaxe ata por dúas ocasións, pese ao gol de Ángel á media parte. Pero tras o 4-2, volveu a tirar de épica o conxunto ceense, que xa estivo a punto de sacar puntos así nas últimas dúas xornadas e que o conseguiu nesta grazas ao doblete de Deivy e ao gol de Kevin.

Comentarios