Martes. 23.04.2024
El tiempo

Excepcional participación costeira no Rally da Coruña

Victor Senra e David Vazquez campion no Rally da Coruna 2021
Víctor Senra e David Váquez, campións no Rally da Coruña
Excepcional participación costeira no Rally da Coruña

Comezaba esta fin de semana a temporada do Circuito Galego de Rallyes e facía con 3 coches costeiros en competición, como veíamos na previa.

A mellor nova foi a vitoria de Víctor Senra e David Vázquez. Os dumbrieses cumpriron as expectactivas e venceron co seu Skoda Fabia EVO 2 RS, e déronse un paseo triunfal arrasando en todos os tramos e sacando máis dun minuto de diferencia ao coruñés Iago Caamaño. Alberto Meira demostrou que vai aí arriba, quedando na 3ª praza a 2 minutos.

Non lle foi tamén a Manolo Senra e o seu inseparable copiloto Faustino Suárez Modelo, de Senra Sport, que quedaron 17º, a 9 minutos do campión. Tiveron problemas pola mañá no seu xa mítico Peogeot 306 Maxi Kit Car (ía só a 3 cilindros), polo que perdeu tempo e despois, pola tarde dedicouse a dar espectáculo e facer disfrutar á xente. E vaia que o fixo, con dobles rotondas e todo.

 

Porén, non foi nada mala a actuación de Javi Lariño Waldomar e Santi Priegue, malia que teñen que aclimatarse algo máis ao coche. Os carnotáns, Citroen C2 GT (da súa propiedade pero que vai da man da escudería de Pasarela ARVidal Racing), quedaron 34º na xeral e 8º na Copa Pirelli AMF MS. Perderon algo de tempo pola mañá, con problemas na caixa de cambios, e pola tarde, co tema resolto, estiveron mellor.

"As sensacións foron unha pasada, un cambio enorme comparado co Saxo", recoñece. "Quedamos satisfeitos, a pesar de perder moito tempo pola mañá. De todas formas aínda temos que adaptarnos máis ao coche, podemos ir moito máis rápido". Unha gran experiencia e unha gran esperanza para loitar por esta Copa ao longo da tempada, unha Copa na que hai xente que corre moito.

Santi Priegue e Javi larino Waldomar no Rally da Coruna 2021

Aínda non se sabe cal será a próxima proba porque nestes tempos de incerteza o covid está provocando moitos cambios.

Comentarios