Iago Canosa Subcampión de España sub23 de piragüismo
Ademais da prata de Iago Canosa, dous cuartos postos e un sexto, súmanse ó balance final do CDM Piragüismo Dumbría nos Campionatos de España de Slalom que se disputaron esta fin de semán no Parque Olimpico del Segre, en La Seu d ́Urgell.
Uns resultados que reforzan a necesidade de contar na nosa terra cun campo de slalom coma a que prentende sacar adiante o Concello de Dumbría en Olveira. Todos os deportistas costeiros teñen que desplazarse a La Seu para poder entrenar en condicións de igualdade cos demais deportistas do resto do estado, principalmente vascos e cataláns. O propio Iago Canosa leva 6 anos lonxe da súa casa para poder entrenar e competir cos mellores e poder alcanzar resultados coma o desta fin de semana.
Un subcampionato no K1 sub23, acompañado dun magnifico 4º posto absoluto, tras unha magnífica competición, pasando sempre os cortes con suficiencia e facendo unhas baixadas non só co ritmo dos mellores, se non que ademáis sin apenas penalizacións, o que lle permitiu estar arriba durante toda a competición.
Marcos Sánchez en LeSeu-Foto de Norbert Aguilera
Pola súa banda Jorge Quintáns e Marcos Sánchez eran os repersentantes do club costeiro na categoría K1 xuvenil, e tamén realizaron unha fantástica competición, con Marcos logrando a sexta plaza final, e sendo o segundo xuvenil de primeiro ano, e con Quintáns metendose na final co segundo mellor tempo.Na manga definitiva varias penalizacións apearon ó de Vimianzo do podium que mesmo así asinou unha fantastica competición.
Jorge Quintáns en LeSeu-Foto de Norbert Aguilera
A cruz dos campionatos foi Lorena Costa. A internacional dumbriesa non atopou a súa baixada en ningún momento, e non foi quen de meterse na final do K1 xuvenil femenino. Non foi o seu mellor ano, quizais máis centrada nos estudos.
Peor lle foi a Francisco Fernández Romar a quen un virus gástrico lle impediu competir. Ademáis Martín Fernández Romar exerceu de abridor da proba.
Novas relacionadas
- Brais Sánchez Cancela e Martín Fernández Romar rozaron as finais en Sort.
- Dumbría volveu reclamar á Xunta un Campo de Slalom oficial na Copa de España de Novas Promesas.
- Clubs de toda Galicia reivindicaron en Dumbría un Campo de Slalom no Xallas.
- Dumbría pide a creación dunha canle de slalom no Couquiño acollendo a Copa Galega.