Venres. 26.04.2024
El tiempo

Iván Romero Lema e Apolonia Bermúdez levan o Furancho Deportivo ao podio do Trail de Formentera

Furancho deportivo en Formentera
Iván Romero Lema e Apolonia Bermúdez (á dereita do podio), en Formentera
Iván Romero Lema e Apolonia Bermúdez levan o Furancho Deportivo ao podio do Trail de Formentera

Menuda aventura na que se embarcaron esta pasada fin de semana dous atletas do club vimiancés Furancho Deportivo. Realmente xa levan 3 meses de aventura, e o All Around Trail de Formentera foi só o final da travesía. Era a primeira vez que se enfrontaban a estas distancias, e os resultados, e as sensacións, non puideron ser mellores.

O baiés Iván Romero Lema, natural da Cacharoza, e a camariñá Apolonia Bermúdez Canosa, de Arou, acostumados a probas de 5 e 3K, enfrontáronse a 42 e a 21km, respetivamente nesta esixente proba insular. E os dous subiron ao podio, para goce dunha Viky Fdez., a súa adestradora, que non ocultaba a súa sorpresa e o seu tremendo orgullo. “Normalmente necesítase moito máis que 3 meses de adestramento para afrontar unha, ou media, maratón, pero os dous superáronse e este podio é un é bo premio ao seu esforzo”, explica.

Iván chegou 5º na xeral e 1º na súa categoría, mentres que Apolonia quedou 30ª na Xeral, e sendo a 3ª muller en cruzar a meta. Todo un éxito para o deporte costeiro.

Apolonia Bermudez e Ivan Romero Lema poido no Trail de Formentera

Comentarios