Javier Cotelo e Mar Vidarte lideran unha candidatura para a presidencia da Federación Galega de Baloncesto

"80+20 Baloncesto de Todxs" é o lema da nova candidatura que aspira a presidir a Federación Galega de Baloncesto, despois de que outras dúas opcións o fixeran en datas anteriores. Esta vai lideradada por dúas persoas da Costa da Morte, como son Javier Cotelo, o adestrador carballés; e Mar Vidarte, xogadora/adestradora cabanesa.
Ao seu carón estarían Valentín Pérez (adestrador de Ourense); Roberto Rapela (directivo de Ourense), María José Pereira (adestradora da Coruña); Montserrat Pérez (xogadora da Coruña) e Rubén Bello (adestrador de Vigo).
"O 80/20 fai referencia ao principio de Pareto que entre outras cousas di que as decisións do 20% de un conxunto condiciona o outro 80%. Pois ben, iso é xusto o que pensamos todos nós, o baloncesto en Galicia debe mudar e ter máis en conta a ese 80% sen deixar de lado ó 20%, queremos sumar e non dividir de aí que introduzamos o símbolo + no logotipo", explican.
Presentan un completo programa coas suas propostas, encamiñadas á transparencia, a ser un referente para todos os clubs, estando sempre á súa disposición para solventar problemas.
Estas son as principais liñas de traballo do equipo:
ÁREA DE XESTIÓN E ADMINISTRACIÓN
- 1. En primeiro termo, precisamos facer unha análise ao detalle do funcionamento actual da Federación Galega
- de Baloncesto, con esa información poderemos intervir nas áreas especificas co propósito de mellorar,
- optimizar e facer máis eficiente a estrutura, ofrecendo así máis e mellores servizos ás entidades e persoas que
- forman parte dos estamentos da federación.
- 2. Enfocar os esforzos da federación en solucionar os problemas e necesidades dos clubs.
- 3. Optimizar a xestión, dos recursos humanos e orzamentarios actuais da FGB (1,6Mill)
- 4. Mellorar o acceso á información a través da web e a aplicación, así como o acceso ó portal de transparencia.
- 5. Promover o traballo colaborativo con diferentes axentes privados e organismos públicos.
- 6. Creación do servizo de atención ó lesionado, para garantir un bo servizo da mutua deportiva.
- 7. Simplificar as tramitacións administrativas e xestións dos clubs coa FGB.
- 8. Creación do servizo de atención ós clubs e apartado de preguntas frecuentes na web.
ÁREA ECONÓMICA
- 1. Transparencia e supervisión de todos os movementos económico-financeiros. Información contable, ingresos
- de calquera natureza e gastos asociados a retribucións, dietas, cargas sociais ou subvencións concedidas pola
- propia federación.
- 2. Negociación de compras de material, subministración e servizos actuais.
- 3. Negociación da prima do seguro deportivo actual, directamente cunha compañía de seguros, evitando
- intermediarios.
- 4. Crear un Plan de captación de recursos económicos externos privados, a través de mecenados e patrocinios.
- 5. Axustar ó máximo o que se lles cobra ós clubs, para cadralo cos gastos da federación, reducíndoos todo o
- posible.
ÁREA DEPORTIVA
- 1. Unificar na área deportiva a actual área técnica e arbitral, para coordinar mellor as accións e que se normalice
- a relación entre estes estamentos. Dentro desta área crearemos equipos de formadores para árbitros, oficiais
- de mesa e técnicos, que impartirán os cursos correspondentes.
- 2. Reestruturar as bases de competición para ofrecerlle ós equipos con estruturas menos profesionalizadas, e
- con menor posibilidade de captar novas licenzas que poidan aspirar a unha competición atractiva e
- estimulante.
- 3. Optimizar o traballo de segemento do talento e tecnificación para as seleccións.
- 4. Crear unha base de datos que recolla datos do morfotipo dos xogadores que pertencen á nosa federación..
- 5. Crear unha base con documentación e recursos didácticos que poidan estar a disposición dos clubs.
- 6. Colaboración da FGB cos clubs que demanden asesoramento técnico, desprazando un equipo técnico da
- federación ata a localidade do club.
- 7. Contratación de técnicos para as seleccións cun proceso aberto, coa presentación de propostas de candidatos.
- 8. Apoio ós proxectos de promoción no rural que xa contan con estruturas deportivas de baloncesto.
- 9. Promover o noso deporte a través dun servizo de asesoramento administrativo para a tramitación de altas de
- entidades deportivas e de subvencións, encamiñadas ao emprendemento deportivo.
- 10. Axudar á creación e potenciación de escolas de BALONCESTO por todo o territorio galego, fomentando e
- impulsando o baloncesto nas vilas e pobos, que nos derradeiros anos están a aportar un gran número de
- licenzas.