A Laracha prepárase para a V Carreira Popular do Apóstolo

Contan os días na Laracha para o sábado 16 de xullo. Nas víspera das festas patronais do Santiago Apóstolo celebrarase a V Carreira Popular do Apóstolo, como presentaba este pasado sábado a Asociación Cultural Adro de Vilaño. Trátase dun evento solidario, que espera superar a cifra dos 1.000 participantes do ano anterior como unha das probas referentes en toda a Costa da Morte.
O percorrido volverá ter punto de saída e chegada no Adro de Vilaño, onde a asociación organizadora ofrecerá un lote de servizos para os participantes: gardería para os nenos con monitores, gardarroupa, duchas, aparcamentos, fisioterapia e avituallamento líquido e sólido con pinchos finais.
Ademais haberá percorridos para todos os públicos, desde nenos de 3 anos ata veteráns, habendo premios para todos eles. A distancia da proba absoluta será de 10 Km que transcurrirán por Vilaño e parde da Laracha.
Andaina
De forma paralela desenvolverase a Andaina saudable e solidaria por un circuito de 3,8 Km, que pretende conseguir fondos para os máis necesitados do propio Concello. Parte da recaudación será doada a Cáritas de A Laracha e a AECC.
O evento será en horario de serán, dando comezo ás 17,50 h coas categorías escolares, as 19,00 h saída da proba absoluta e finaliza coa saída da Andaina planificada para as 19,05 h.
As inscripción xa se poden facer efectivas na web oficial da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com) ata o martes 12 de xullo. Tamén se habilitarán puntos de información e inscripción presencial no Concello de A Laracha (departamento de deportes), Piscina Municipal de A Laracha e Cultiagro.