Lucía Pazos e Raúl Ponte gozaron dun Campionato Europeo

Ata Fuengirola desprazouse unha expedición do Club Judo Bergantiños para participar na European Cup Fuengirola. Lucía Pazos e Raúl Ponte acodían con esperanza competindo ante deportistas de todo o continente.
Ponte caía no seu primeiro combate en -66kilos, ante o representante francés, pero o costeiro vendeu dura a súa derrota e o francés só puido gañar pola mínima.
Máis preto das medallas estivo Lucía Pazos. A de Merexo, despois de arrasar nos campionatos estatais, conseguía disputar 5 combates en -57Kilos. Vencía ás representantes de Gran Bretaña, Francia e Italia, e caía ante as de Finlandia e Holanda. Quedou nun 7º posto moi meritorio, que así e todo sabe a pouco.
“En competicións como estas os erros se pagan. Pero estamos seguros de que chegará a medalla” europea, asegura o adestrador, que xa ten a mente no Campionato Galego Cadete.
NOVAS RELACIONADAS
- Decembro 22: Lucía Pazos non para de sumar medallas nos Campionatos Estatais.
- 27-11-22: Lucía Pazos segue sumando medallas estatais.
- Novembro 22: Lucía Pazos consegue medalla tamén no Internacional de Avilés.
- Outubro 22: Lucía Pazos colócase 3ª do ranking nacional
- Outubro 22: Lucía Pazos arrinca a tempada con outro metal nun Campionato Estatal.
- Xuño 2022: Lucía Pazos pecha esta incrible temporada cunha nova medalla estatal.
- Maio 2022: Lucía Pazos segue sumando medallas nacionais.
- Maio 2022: Lucía Pazos sobe ao podio nacional.