Lucía Pazos consegue medalla tamén no Internacional de Avilés

09:32 01/11/22
Non para. Xa situada como 3ª no ranking nacional, Lucía Pazos volvía sumar unha medalla noutra proba, desta volta nunha competición internacional. Acodía esta pasada fin de semana ao XXI Internacional Vila de Aviles, unha das supercopas de España con máis nivel da tempada.
Lucía realizou de novo unha excelente competición colgándose a medalla de prata gañando 4 combates por ippon con gran superioridade e cedendo só ante o número 1 do ranking nacional na final.
Tamén acodía co Club Judo Bergantiños Raúl Ponte Barca, que realizou tres combates gañando dous por ippon e cedendo pola mínima no terceiro sen opción de repesca.
NOVAS RELACIONADAS
- Outubro 22: Lucía Pazos colócase 3ª do ranking nacional
- Outubro 22: Lucía Pazos arrinca a tempada con outro metal nun Campionato Estatal.
- Xuño 2022: Lucía Pazos pecha esta incrible temporada cunha nova medalla estatal.
- Maio 2022: Lucía Pazos segue sumando medallas nacionais.
- Maio 2022: Lucía Pazos sobe ao podio nacional.
- Marzo 22: Lucía Pazos suma o seu terceiro podio nun mes.
- Marzo 22: Lucía Pazos vence o sector estatal e se clasifica para o Campionato de España.
- Marzo 22: Lucía Pazos, campiona galego Junior; Aroa Blanco, bronce na Copa de España Infantil.
- Novembro 21: Os muxiáns Lucía Pazos e Samuel Méndez triunfan en categorías superiores.
- Outubro 21: Aroa Blanco e Raúl Ponte subrion ao podio da Copa de España Infantil de Judo.
- Xullo 21: Samuel Méndez proclamouse campión galego junior de Taekwondo.
- Xullo 21: Lucía Pazos, a mellor española da Copa Internacional de España de Judo Cadete.
- Maio 21: Naira Blanco e Lucía Pazos triunfan na Copa de España Junior sendo aínda cadetes .
- Abril 21: Samuel Méndez volve coa medalla de bronce na Copa de España Junio de Taekwondo.