Luns. 18.11.2019
El tiempo

Máis dun centenar de inscritos para a primeira BTT Monte Castelo

Máis dun centenar de inscritos para a primeira BTT Monte Castelo

A Asociación de Veciños Tabeirón, coa colaboración dos Concellos de Zas, Laxe e Cabana de Bergantiños, andan organizando a primeira edición da BTT Monte Castelo en Baio, proba que vai ter lugar o próximo domingo 27 de outubro.

Nestes momentos xa se superaron o centenar de inscritos. A BTT Monte Castelo conta con tres percorridos distintos, de maior a menor dificultade, todos eles con saída e chegada na Carballeira de Baio, e que discorrerán polos concellos de Zas, Vimianzo, Cabana de Bergantiños e Laxe. Contan cos seguintes prezos:

- Proba de 50 Km: 15 euros (reducido), pasará a 20 euros despois do día 16. - Proba de 38 Km: 15 euros (reducido), pasará a 20 euros despois do día 16. - Proba de 17 Km (maiores de 12 anos): 10 euros (reducido) pasará a 15 euros. - Proba de 17 Km (menores de 12 anos): 7 euros (reducido) pasará a 12 euros.

Inscrición

A inscrición pode facerse na páxina web ranckr.com. A data límite para inscribirse é o mércores 23 de outubro. Todos os participantes terán ao remate da proba un churrasco gratis.

Vindeira cita

De cara ao mes de decembro xa están preparando o "Trail dos Foucellas", que vai ter lugar tamén polos arredores do monte Castelo baiés.

Comentarios