Malpica forma no uso de desfibriladores aos responsables de entidades deportivas
De aí que o Concello de Malpica, a través do departamento de Deportes, estea realizando, ano a ano, cursos de formación en primeiros auxilios para os traballadores do pavillón municipal e das instalacións municipais.
Así, os asistentes ás instrucións desenvolvidas recibiron os coñecementos para enfrontarse a situación de emerxencia nas que, ademáis, é preciso facer uso dos aparellos desfibriladores que teñen a súa disposición.
Actualmente os centros deportivos de Malpica que contan con estes aparellos son o pavillón Municipal, e os campos de fútbol de Pedra Queimada, e de Xaviña. E, desde venres tamén no da Feira Nova.
E preciso lembrar que aínda que o uso dos desfibriladores é sinxelo, é importante ter os coñecementos para que os resultados sexan óptimos. Estes dispositivos subministran descargas ao corazón a través da parede torácica, e os sensores que conten analizan o ritmo cardíaco que indican cando é preciso proceder á descarga e o nivel de intensidade.