Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Martín Fernández Romar, doble medalla nos Campionatos de España de Slalom infantil

Martin Fernandez Romar do Piraguismo Dumbria con duas medallas de bronce en Sabero
Martín Fernández Romar do Piragüismo Dumbría volveu con dúas medallas de bronce de Sabero
Martín Fernández Romar, doble medalla nos Campionatos de España de Slalom infantil

Menuda alegría que trouxo para a Costa o padeixeiro costeiro Martín Fernández Romar. Acodía a participar nos Campionatos de España de Slalom de Promesas á vila leonesa de Sabero, no campo do Alejico, e volvía con dúas medallas de bronce, en K1 e en C1 infantil.

Xunto a el, na pequena expedición do CDM Piragüismo Dumbría , tamén ía Brais Sánchez Cancela, acompañados polo seu técnico Quique Portela.

Brais Cancela do Piraguismo Dumbria

Despois dun sábado algo frouxo, nas finais do o domingo os nosos deron a talla a pesar do alto nivel técnico que formulara a organización. A Brais este percorrido se lle atragantou, e non foi quen de colarse entre os 5 mellores que acadaban o pase ás finais. Sen embargo Martín Fernández se adaptou perfectamente as novas condicións, e o seu rendemento foi aumentando segun avanzaba a competición metendose entre o clube exclusivo dos 5 finalistas por modalidade, tanto en C1, cun magnifico treceiro posto, coma en K1 no que entrou co quinto mellor rexistro.

En C1 Martín fixo unha baixada boa, cun erro na porta 6, pero a dificultade do percorrido para os canoistas fixo que mesmo así mantivese a súa terceira plaza. No K1 había que arriscar máis para estar no podium. E Martín fixo a baixada da súa vida. Cun tempo moi bo, e con cero penalizacións, o de Olveira cruzou a meta sabendo que muito se tiñan que torcer as cousas para non ter medalla. E así foi: outra medalla de bronce que puña un fantástico broche de ouro a outra excelente competición dos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría, e que se suma ao Subcampionato de España sub23 acadado por Iago Canosa.

Martin Fernandez Romar do Piraguismo Dumbria

Ademais ata sabero se desplazaron os alevíns Sara Fernández Romar, Xesús Pena Cundíns e Xián Caamaño García, que exerceron de abridores para adquirir experiencia, xa que a tempada que ven debutarán nesta competición a nivel nacional.

Novas relacionadas

Comentarios